Resultados da xornada para os nosos equipos

Estos foron os resultados da xornada:

    EF Polvorín B 1 – Sagrado Corazón 3 (benxamín)
    Viveiro CF A 6 – Sagrado Corazón A 2 (alevín A)
    EF Polvorín B 5 – Sagrado Corazón B 1 (alevín B)
    Sagrado Corazón – CD Castro (cadete – martes 02/05)
    Talleres Miky 3 – Sagrado Corazón 6 (veteranos)
 

O resumo da xornada

Nesta xornada seguimos as incidencias do partido da 2ª fase da previa 4 da autonómica benxamín donde o noso equipo derrotou ao EF Polvorín B por 1 gol a 3.

Partido sen goles no primeiro tempo nun encontro aberto, sen dominador, aínda que as ocasións de gol mais claras parecianas ter os nosos xogadores, aínda que a mala finalización deixaba sen goles aos de Dani Díaz no primeiro periodo. No segundo acto os nosos saían volcados en ataque a polo partido, chegando o primeiro gol do encontro a balón parado tras un saque de esquina rematado por Nico. Poucos minutos despois e de novo Nico aproveitaba un rechace do porteiro a tiro de Isma tras unha gran xogada colectiva (0-2). O Polvorín reaccionaba e recortaría distacias no marcador, pero de novo o Sagrado lanzábase a polo gol e atopabao na recta final do choque por medio de Mera tras un disparo exterior e que significaba o 1-3, gol ese que daba tranquilidad aos branquiazuis para acabar acadando unha nova vitoria que o mantén líder na clasificación.

    EF Polvorín B (1): Xoel, Aldán, Rubén, Xoan, Diego, Pablo, Hugo e Pablo García, -oito inicial-, Bruno e Alejandro.  

    Sagrado Corazón (3): Kike, Pablo, Pedro, López, Isma, Paula, Nico e Héctor, -once inicial-, Mera, Sanfiz, Unai e Luna.

    Goles: 0-1 min. 26 Nico, 0-2 min. 30 Nico, 1-2 min. 42 Hugo e 1-3 min. 48 Mera.

 

RESULTADOS DA XORNADA E CLASIFICACIÓNS