Cos equipos de fútbol-11 coa súa tempada xa comezada desde a pasada semana, toca o momento de que os de fútbol-8 tamén arrinquen a campaña 24-25 e isto chegará o próximo luns 2 de setembro cando os biberóns e prebenjamines e o martes 3 de setembro benjamines e alevíns den comezo a un novo curso deportivo.
Todos os nosos equipos disputarán, a excepción do biberón que non ten liga oficial, as ligas provinciais que organice a RFGF, repartidos entre primeiras e segundas divisións.
Por outra banda estes serán os técnicos de cada un dos equipos:
- Alevín: Álex Rois.
- Alevín B: Quiroga.
- Alevín C: Martín Ares.
- Benjamín: Ivi López.
- Prebenjamín: Hugo Quiroga.
- Prebenjamín B e biberón: David Fernández.
Así mesmo o club seguirá contando como todos os anos con técnicos de apoio nas sesións de adestramento para mellorar a calidade das mesmas e que tamén farán funcións de delegado nas fins de semana nos partidos cos seus respectivos equipos. Desta maneira seguirán no staff técnico Yeray Fernández e Marcos Muinelo, incorporándose tamén ao club para estas funcións Carlos Maciñeiras ´Maci´.
Ademais o club seguirá apostando pola formación de todos os seus porteiros e para iso incorpora ao club a Marcos Sanfiz para formar a estes xogadores en sesións específicas todos os mércores.