O vindeiro luns 19 arrinca a tempada para xuvenil, cadete e infantil

Co avance do verán tamén se aproxima o inicio da nova temporada deportiva e no caso para os nosos tres equipos xuvenil, cadete e infantil a súa tempada iniciarase este próximo luns 19 de agosto debido a que tras o plenillo de preparación das ligas por parte da RFGF realizado este pasado luns, as competicións provinciais destes equipos prevese que se inicien en torno ao fin de semana do 21-22 de setembro.

O equipo xuvenil disputará a 2ª Futgal e estará dirixido por Ivi López, un dos novos técnicos que se suman ao staff de preparadores para esta nova tempada.

Pola súa banda o cadete que disputará a 2ª Futgal estará dirixido por Álex Rois. O técnico lucense como xa se anunciará o pasado mes de xuño é ademais o novo coordinador deportivo do club.

Por último, o equipo infantil que tamén competirá en 2ª Futgal adestrarao Yeray Bao.

Comezo do fútbol-8
Pola súa banda os equipos de fútbol-8 como son biberóns, prebenjamines, benjamines e alevíns, arrincarán a súa tempada o luns 2 de setembro, anunciándose en próximas datas quenes serán os técnicos de cada un dos equipos cos que contará o club en competición.