Unha actividade tan demandada como son os campus de verán específicos de fútbol chegará a Lugo da man do noso club, sendo colaboradores do evento, e que estará organizado pola Fundación RCDeportivo, polo que no próximo mes de xuño a nosa cidade será unha das 17 sedes coas que contará o DéporCampus Cabreiroá durante este próximo verán na comunidade galega.

A actividade, destinada para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, desenvolverase nos campos municipais José María Rodríguez Lago do luns 23 ao venres 27 de xuño en horario de 10:00 a 14:00 horas, recibindo xa aos participantes nos propios campos desde as 09:30 horas.

Prezos
A tarifa xeral e por tanto o prezo da actividade é de 135 €, con desconto de 20 € para os xogadores/as pertencentes ao noso club. Poderán gozar dese mesmo desconto os interesados que cumpran os casos estipulados.


Que inclúe?
A inscrición ao campus inclúe para cada participante:


Información e inscricións
Para ampliar toda a información deste DéporCampus e/ou realizar a inscrición en liña, os interesados poden dirixirse á web https://deporcampus.rcdeportivo.es/é/lugo-2025/inicio ou tamén escaneando o código QR presente no cartel do evento.

O prazo de inscricións pecharase cando se alcancen o número máximo de prazas ou ás 14:00 horas do martes 17 de xuño.