Do 5 de maio ao 13 de xuño: xornadas de libre acceso no club

Co avance desta tempada 24-25 e entrando xa na súa recta final, desde o club comezamos a planificar a próxima campaña, a 2025-2026, e é por iso que unha vez máis dende a nosa entidade daremos a posibilidade a aqueles nenos/as interesados en poder inscribirse na nosa Escola de fútbol que poidan previamente adestrarse de forma gratuíta nas xornadas de libre acceso previstas desde o luns 5 de maio e ata o venres 13 de xuño.

Estas xornadas poderán realizalas todos os nenos/as que o desexen dos anos de nacemento comprendidos entre o 2007 e 2021, para así poder formar os equipos biberón, prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil da próxima campaña. Así, os rexistrados/as poderán exercitarse os días de adestramento establecidos xunto aos que poderían ser os seus compañeiros e serán dirixidos polos técnicos da estrutura do club que son adestradores formados e que contan con titulación oficial.

Estas xornadas de proba levaranse a cabo nos campos municipais Jose María Rodríguez Lago, en As Gándaras (Lugo), lugar onde durante toda a tempada o club desenvolve a súa actividade.


Inscricións
Todos os nenos/as interesados en participar nestas xornadas deben inscribirse previamente na seguinte ligazón: https://lc.cx/PN7Lhi

Unha vez comezadas as probas, os novos xogadores/as poderán darse de alta no club, contando tamén coa opinión da dirección deportiva, para esa próxima tempada 25/26 no prazo que se abrirá a finais do mes de maio e comezos do de xuño.


Más información:

  • 636 31 15 16
  • club@adcsagradocorazon.es