Este ano, con motivo do pasado Nadal, dous clubs da cidade como somos Lugo Salga e ADC Sagrado Corazón reunimos esforzos para conxuntamente realizar unha recollida de roupa e xoguetes en estado óptimo de uso para así axudar aos máis necesitados.
Esa gran colleita entregouse á asociación lucense “Ayuda a una familia en Lugo” que preside Pablo Seivane e que na imaxe véselle acompañado xunto aos Presidentes do noso club, Jesús Pereira, e o de Lugo Sala, Marcos Pereira. Esta asociación xa se encargou en datas pasadas de repartir toda esa roupa e xoguetes a persoas da capital con falta de recursos económicos.
Ambos os clubs e esta asociación pretenden seguir colaborando durante todo o ano e é por iso que seguirán recollendo roupa e xoguetes, ademais de comida non perecedoira, nas súas sedes: ADC Sagrado Corazón na súa oficina do Campo de As Gándaras e Lugo Sala no Pazo de Feiras e Congresos. Así todas aquelas persoas que desexen colaborar durante o ano poden facelo por unha boa causa.
En nome de ambos os clubs e esta asociación lucense queremos dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nesta importante iniciativa.