Na nosa sección de entrevistas hoxe entrevistamos a Uxía, xogadora e porteira do noso equipo Benxamín B e que nalgunha ocasión durante esta tempada tamén xogou co equipo A.
Por que te decidiches pola posición de porteira?
Vía que os xogadores corrían máis que os porteiros e comezou a gustarme esa posición.
Canto tempo levas como porteira?
Este é o cuarto ano.
A verdade e que non hai moitas xogadoras que sexan porteiras, coñeces alguna porteira de outros equipos?
Si, coñezco a Nuria Gutiérrez que xoga no equipo da Milagrosa. Coñecina nun campamento.
Que che dixeron os teus pais e amigos cando lles dixeches que querías poñerte debaixo dos paus?
O meu pai dicíame que me ía aburrir, miña nai que lle daba igual e as miñas amigas que iba a levar moitos balonazos (jeje).
Por que cres que non hai máis nenas xogando ao fútbol?
Porque as nenas pensan que é un deporte moi bruto, no que só levas balonazos e é todo o contrario, aprendes a respetar aos demais, a xogar, facer deporte e facer equipo.
Como é o teu día a día cos nenos do equipo e cos adestradores?
Ben, cos adestradores e compañeiros lévome moi ben, preocúpanse moito por min.
Agora unhas preguntas para coñecerte mellor:
– Onde estudias?: estudio 4º de Primaria no CEIP Virxe da Soidade.
– Como levas os estudios: xenial.
– Algún profesor/a que che guste máis e porque?: A miña titora (Miriam) porque é moi boa e explica moi ben.
– O mellor e o peor do futbol base é?: o mellor todo o que levo aprendido como porteira, so me molesta un pouquiño o dos vestuarios nos partidos (non hai vestiarios libres nos partidos, nos adestramentos sempre se ten que cambiar un no vestiario dos árbitros pero o fin de semana cos partidos estes non están libres).
– O teu equipo favorito?: Real Madrid.
– Un xogador: Keylor Navas.
– Un adestrador: Manu Iravedra (adestrador de porteiros as tempadas pasadas).
– Alguha cousa que queiras engadir: que no caso de que cheguen máis nenas ao club que se poñan vestiarios para poder cambiarse despois dos partidos, sobretodo cando chove.