Do 6 de maio ao 14 de xuño: xornadas de libre acceso no club

Aos poucos a tempada 2023-2024 vai encamiñando a súa recta final e desde o club xa estamos a planificar a seguinte. É por iso polo que para dar a posibilidade de entrada de novos xogadores/as ao club para esa campaña 2024-2025, a entidade abrirá as portas da súa Escola de fútbol para a través das XORNADAS DE LIBRE ACCESO os nenos/as nados entre os anos 2006 a 2020 poidan realizar as sesións de adestramento e despois valorar a súa incorporación ao club.

Estas xornadas, totalmente gratuítas, van destinadas a todas as categorías coas que o club contará para a próxima campaña para así poder formar os equipos biberón, prebenjamín, benjamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil.

Os xogadores/as rexistrados a estas xornadas de proba poderán reservar posteriormente a súa praza para a campaña próxima no momento que o desexen, en función das dispoñibles, xa que primeiramente terán prioridade de reserva de praza os actuais xogadores/as do club.

Lembramos que os días adestramento destas xornadas serán coincidindo cos actuais adestramentos desta campaña e así os interesados poidan coñecer aos que serían os seus compañeiros de equipo para a próxima tempada así como aos adestradores da estrutura do club, os cales contan con titulación oficial de fútbol pola RFGF.

Estas xornadas de proba realizaranse nos campos municipais José María Rodríguez Lago, en As Gándaras (Lugo), lugar onde durante toda a tempada o club desenvolve a súa actividade.

Biberóns gratis
Como campaña de promoción e iniciación ao deporte, o noso club volverá ofertar nesta próxima tempada 24-25 a categoría biberón como gratuíta, polo que os nenos dos anos 2019 e 2020 terán cota 0 €.

Inscricións
Todos os nenos/as externos ao noso club e que queiran probar nestas xornadas poden facelo inscribíndose desde o día de hoxe na seguinte ligazón: https://lc.cx/V02WqO

Lembramos que as xornadas de proba arrincarán o luns 6 de maio.