Un proxecto deportivo sempre vai ligado á aposta dos patrocinios das empresas privadas, ademais doutros recursos propios cos que conta o club ou o apoio das institucións a través das diversas subvencións de concorrencia competitiva.
Na ADC Sagrado Corazón temos a sorte sempre de contar con patrocinadores e colaboradores que ano tras ano nos mostran o seu apoio e agora que aos poucos encamiñamos a tempada 23-24 podemos confirmar a continuidade de nove empresas que nos seguirán mostrando o seu apoio a través do seu patrocinio e/ou colaboración.
A todas elas queremos darlles as GRAZAS por esta nova viaxe de dúas tempadas que afrontamos xuntos e que co seu apoio permitiranos poder seguir executando o noso proxecto deportivo.
Nos vindeiros días publicaremos as novas empresas que se unen ao proxecto.