CD Lugo, CD Ponferrada e SDC Residencia, triunfadores do VIII Torneo de Verán “Cidade de Lugo”

Dous equipos da capital lucense, CD Lugo e SDC Residencia, e o único equipo chegado dende fóra de terras galegas, CD Ponferrada, foron os clubs protagonistas do VIII Torneo de Verán “Cidade de Lugo” que este pasado fin de semana, do venres 2 ao domingo 4 de setembro, organizou o noso club, ADC Sagrado Corazón. O CD Lugo impuxose nas categorías infantil e cadete, o CD Ponferrada fíxoo na infantil feminina, mentres que a SDC Residencia alzou o título na categoría xuvenil.

Foros tres días intensos de fútbol, de fútbol base de formación, e nos que non houbo que resaltar ningunha incidencia negativa. Dende a organización valorase positivamente o desenrolo do torneo xa que 28 foron os equipos participantes con mais de 500 deportistas e coa disputa de un total de 52 partidos os cales rexistraron unha gran afluencia de público durante os tres días de competición e nos que se disfrutou dun bo tempo para a práctica deste deporte, por algún momento con altas temperaturas pero o certo é que todavía o verán está por rematar.

Para clausurar o Torneo na xornada derradeira do domingo e facer a entrega dos trofeos aos campións e subcampións acudiron o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, a Concelleira de Benestar Social, Ana Carballeira, o Deputado de Deportes da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Pablo Rivera, e o Secretario da ADC Sagrado Corazón, José Ferreiro.

Dende o club agradecemos a todos os clubs participantes a súa colabroación coa ADC Sagrado Corazón para que este torneo xa estea consolidado como un dos atractivos da pretempada do fútbol base da capital lucense. Tamén agradecemos a colaboración tanto do Concello de Lugo, como da Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, e por suposto tamén ás empresas de carácter privado que tamén axudaron para que este evento cumprise a súa oitava edición: Desabolladuras Díaz, Librería Galicia, Odegal, Café Bar O Cruce, Deportes A Chaira, Restaurante Parrillada A Fonsagrada e Café Etrusco.

RESULTADOS

∙ Venres 2 de setembro:
    SCD Milagrosa 0 – CD Lugo 3 (xuvenil)
    CD Lugo A 3 – SDC Residencia 0 (infantil)
    SCD Milagrosa 1 – SDC Residencia 3 (xuvenil)
    CD Lugo A 2 – EF Polvorín 1 (infantil)
    EF Polvorín 1 – SDC Residencia 0 (xuvenil)
    EF Polvorín 1 – SCD Milagrosa 1 (infantil)
    ADC Sagrado Corazón 0 – SG Comercial 5 (xuvenil)
    EF Polvorín 3 – AD Ferroviaria 0 (cadete)
    EF Polvorín 1 – CD Lugo 0 (xuvenil)
    SDC Residencia 3 – SCD Milagrosa 0 (infantil)
    CD Lugo 0 – SDC Residencia 1 (xuvenil)
    EF Polvorín 0 – SDC Residencia 1 (infantil)
    SCD Milagrosa 1 – EF Polvorín 1 (xuvenil)
    CD Lugo A 8 – SCD Milagrosa 0 (infantil)

∙ Sábado 3 de setembro:
    AD Ferroviaria 1 – AD C Sagrado Corazón 2 (cadete)
    SCD Milagrosa 0 – CD Lugo 1 (cadete)
    SD Sarriana 1 – AD Ferroviaria 1 ( cadete)
    SCD Milagrosa 1 – SDC Residencia  0 (cadete)
    SD Sarriana 1 – EF Polvorín 0 (cadete)
    SDC Residencia 0 – CD Castro 0 (cadete)
    SD Antas 1 – SD Becerreá 5 (infantil)
    SG Comercial 1 – SD Becerreá 2 (xuvenil)
    SD Antas 0 – ADC Sagrado Corazón 7 (infantil)
    SD Becerreá 1 – SDC Residencia B 3 (xuvenil)
    ADC Sagrado Corazón 0 – CD Lugo B 3 (infantil)
    SDC Residencia B 0 – SG Comercial 0 (xuvenil)
    ADC Sagrado Corazón 1 – SD Sarriana 3 (cadete)
    CD Lugo 4 – CD Castro 0 (cadete)
    EF Polvorín 2 – ADC Sagrado Corazón 2 (cadete)
    SDC Residencia 0 – CD Lugo 3 (cadete)
    SD Becerreá 0 – ADC Sagrado Corazón 0 (infantil)
    SCD Milagrosa 4 – CD Castro 3 (cadete)
    CD Lugo B 4 – SD Becerreá 0 (infantil)
    SDC Residencia B 1 – ADC Sagrado Corazón 0 (xuvenil)
    SD Antas 0 – CD Lugo B 7 (infantil)
    ADC Sagrado Corazón 0 – SD Becerreá 3 (xuvenil)

∙ Domingo 4 de setembro:
    CD Lugo A 7 – ADC Sagrado Corazón 0 (semifinal infantil)
    CD Lugo B 0 – SDC Residencia 0 (semifinal infantil – Lugo gana a penaltis)
    Victoria CF 0 – SD Orzán 1 (infantil feminino)
    SCD Milagrosa 2 – CD Ponferrada 3 (infantil feminino)
    SD Sarriana 0 – SCD Milagrosa 0 (semifinal cadete – Sarriana gana a penaltis)
    CD Lugo 3 – EF Polvorín 0 (semifinal cadete)
    CD Ponferrada 2 – Victoria CF 1 (infantil feminino)
    SCD Milagrosa 1 – SD Orzán 5 (infantil feminino)
    SDC Residencia B 1 – SDC Residencia A 3 (semifinal xuvenil)
    EF Polvorín 3 – SD Becerreá 0 (semifinal xuvenil)
    SD Orzán 3 – CD Ponferrada 1 (infantil feminino)
    Victoria CF 2 – SCD Milagrosa 1 (infantil feminino)
    CD Lugo A 6 – CD Lugo B 0 (final infantil)
    SD Sarriana 0 – CD Lugo 3 (final cadete)
    SD Orzán 0 – CD Ponferrada 1 (final infantil feminino)
    SDC Residencia 0 – EF Polvorín 0 (final xuvenil – Residencia gaña a penaltis)

VER GALERÍA DE IMAXES