Autoescola CFT tamén se converte en novo patrocinador

Seguimos ampliando o número de empresas que nos ofrecerán o seu apoio a través do seu patrocinio deportivo para as próximas dúas tempadas e hoxe confirmamos a chegada de Autoescola CFT, empresa lucense dedicada á formación de condutores e cunha ampla experiencia na nosa cidade. Dentro da oferta formativa que ofrece Autoescola CFT os usuarios poderán obter todo tipo de permisos.

En Autoescola CFT – Centro de Formación do Transporte forman ás persoas para a obtención por primeira vez dos permisos de conducir por parte dos máis novos así como para os profesionais do sector. Imparten periodicamente cursos para a obtención e renovación do CAP así como de Mercadorías perigosas, manexo de carretillas elevadoras, xestor de transporte e outra formación específica.

Autoescola CFT – Centro de Formación do Transporte conta con sede en Avenida da Coruña, 428 (zona Garabolos) e o seu teléfono de contacto é o 982 221 9008. Ademais podes estar ao tanto de todas as súas novidades nas redes sociais a través do seu perfil @Autoescuela CFT

 

Coñece máis información en: http://www.autoescuelacft.com/