Esta mañá a Casa do Concello de Lugo albergou a presentación oficial do DéporCampus Cabreiroá organizado pola Fundación RC Deportivo e que se celebrará na capital de Lugo por primeira vez, tendo como club colaborador á nosa entidade. Desta maneira os nenos/as de 6 a 14 anos poderán gozar dun Campus específico de fútbol e impartido por unha das canteiras máis importantes do panorama español e que ademais é galega.

A Concelleira de Cohesión Social e Territorial, Ana Abelleira, recibiu na casa do concello ao Responsable da Fundación RC Deportivo, Alejandro #Vidal, así como ao Coordinador do Programa Local da Fundación RC Deportivo, Sergio Maurente, así como tamén ao Presidente da ADC Sacro Corazón, Jacobo Gómez.

Os representantes da Fundación RC Deportivo avanzaron que o nivel de inscricións e participación xa é alto posto que a día de hoxe xa se superaron o medio centenar de prazas, polo que vendo a época do ano que é e a multitude de oferta de campus existentes para esa semana de celebración do mesmo, pódese considerar como un gran inicio.


Inscricións ata o 17 de xuño
Para ampliar toda a información deste DéporCampus e/ou realizar a inscrición en liña, os interesados poden dirixirse á web do nosos club, en www.adcsagradocorazon.es, á web https://deporcampus.rcdeportivo.es/é/lugo-2025/inicio ou tamén escaneando o código QR presente no cartel do evento.

O prazo de inscricións pecharase cando se alcancen o número máximo de prazas ou ás 14:00 horas do martes 17 de xuño.

Este evento conta coa colaboración do Concello de Lugo a través da Concellería de Xuventude e Deportes.