O RC Deportivo de la Coruña e Bertamiráns FC volven triunfar no Torneo Lugo Express

Repítese a historia. Do mesmo xeito que sucedera na edición do 2024, este ano no V Torneo Semana Santa Trofeo Lugo Express volveron triunfar os mesmos equipos tras impoñerse o RC Deportivo de La Coruña en categoría benjamín, vencendo na gran final ao Ural-Español FC (0-5), e o Bertamiráns FC na alevín que superou na loita polo título ao CD Lugo (3-0).

Pola súa banda nos premios individuais, na categoría benjamín o trofeo ao mellor porteiro foi para Eloy López do Ural-Español mentres que o de mellor xogador para Martín Martelo do Depor. Pola súa banda na alevín o mellor porteiro recalou en Nico Ulla do CD Lugo mentres que o de mellor xogador foi para Breixo Lormes do Bertamiráns.


Un torneo que segue crecendo
A evolución e constante crecemento deste torneo é patente. Nesta edición batiuse o récord de equipos participantes con 40 de 31 clubs diferentes chegados dende toda a comunidade galega e tamén da provincia de León e que fixo que 514 xogadores e xogadoras pasaran polos campos municipais José María Rodríguez Lago situados en As Gándaras, nun total de 94 partidos disputado ata coñecer aos dous grandes campións.


Resultados
Unha das novidades desta edición foi o seguemento que se puido facer de todos os resultados do torneo en vivo a través de web e app e que se queres consultar agora mesmo podes facelo a través dos seguintes enlaces:


Apoio
O Torneo volveu recibir o apoio das diferentes institucións como son Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, e foi un campionato oficial autorizado pola RFGF.

Ademais de contar co apoio de todas as empresas patrocinadores do club,  xa que sen elas non sería posible a realización do torneo, este evento contou co patrocinio da empresa de servizos de mensaxería e paquetería LUGO EXPRESS. 

Para clausurar as dúas fases coa entrega de premios acompañáronnos o Director Territorial de Cultura, Lingua e Xuventude da Delegación da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Antonio Fernández, o Concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de Lugo, Jorge Bustos, o concelleiro do PP no Concello de Lugo, Damián Carballo, e o Xerente da empresa Lugo Express, José Luis Roibás, acompañado da súa filla, Sara Roibás.