Este luns 25 e martes 26 de marzo os Campos Municipais José María Rodríguez Lago en As Gándaras albergaron a cuarta edición do Torneo Semana Santa Trofeo Lugo Express e que organizou un ano máis o noso club.
O Real Club Deportivo de la Coruña e o Bertamiráns FC foron os grandes triunfadores do evento ao impoñerse na categoría benjamín e alevín, respectivamente.
Na categoría benjamín o trofeo de mellor porteiro foi para Marcos Peral do Ural CF e o de mellor xogador para Leo Lorenzo do RC Deportivo, mentres que na alevín Julio Alaín do Bertamiráns foi designado como mellor porteiro e o mellor xogador foi para Leo Ferro do Sada.
Crecemento do torneo
Durante os dous días de celebración do evento foron máis de 500 os xogadores e xogadoras que pasaron polos catro campos de xogo, cun total de 78 partidos disputados polos 36 equipos que acudiron a disputar o torneo.
Este campionato segue evolucionando e crecendo e así foron 26 os clubs diferentes os que disputaron esta cuarta edición: oito chegados desde a provincia de Lugo, dous da de Ourense, once foron os que chegaron desde a da Coruña, dous da de Pontevedra así como outros dous de León.
Apoio
O Torneo volveu recibir o apoio das diferentes institucións como son Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Deputación de Lugo, e foi un campionato oficial autorizado pola RFGF.
Ademais de contar co apoio de todas as empresas patrocinadores do club, xa que sen o seu apoio anual este evento non sería posible, o campionato contou co patrocinio da empresa de transporte LUGO EXPRESS.