O 25 e 26 de marzo chegará o “IV Torneo Semana Santa Lugo Express”

Restan algo menos de dous meses, pero o noso club xa ten avanzada a invitación e confirmación de moitos dos clubs que participarán nunha nova edición do noso torneo de fútbol-7 para as categorías benjamín (2014 e 2015) e alevín (2012 e 2013). Será o IV Torneo Semana Santa e como nas dúas edicións anteriores denominarase trofeo “Lugo Express”, adquirindo este nome grazas ao patrocinio da empresa de transporte lucense.

O Torneo se diputará en dous días coincidindo coas vacacións do curso escolar e recibirá en Lugo a moitas das mellores escolas de fútbol base da comunidade galega e da provincia de León. Serán dous días intensos e dependendo de como queden configurados os grupos en función dos equipos participantes, serán como mínimo máis de 500 nenos e nenas participantes os que acudan a Lugo a disputar este campionato que terá como escenario os campos municipais José María Rodríguez Lago (As Gándaras) e disputarase na modalidade de fútbol-7.


O torneo dividirase en dous días de competición:

  • Luns 25 de marzo: categoría benxamín.
  • Martes 26 de marzo: categoría alevín.


Equipos participantes

Desde a organización buscamos conseguir un alto nivel competitivo e así contaremos coa presenza de moitas das mellores canteiras galegas do fútbol base e que aceptaron a invitaciónn para participar no evento.


A día de hoxe xa confirmaron a súa asistencia:

  • RC Celta de Vigo (Vigo – Pontevedra).
  • Rácing Club Ferrol (Ferrol – A Coruña).
  • RC Deportivo de La Coruña (A Coruña).
  • SD Ponferradina (Ponferrada – León).
  • CD Lugo (Lugo).
  • CD La Morenica Aldebi (Ponferrada – León).
  • Pabellón Ourense CF (Ourense).
  • Ural CF (A Coruña).
  • CD Calasanz (A Coruña).
  • Bertamiráns (Ames – A Coruña).
  • ED Xuventude Oroso (Oroso – A Coruña).
  • CD As Pontes (As Pontes de García Rodríguez – A Coruña).
  • Sada CF (Sada – A Coruña).
  • Atlético Perillo (Oleiros – A Coruña).
  • Santiago de Foz (Foz – Lugo).
  • SCD Milagrosa (Lugo).
  • SDC Residencia (Lugo).
  • ACD Piringalla (Lugo).
  • CP Casás (Lugo).
  • EF Polvín (Lugo).
  • ADC Sagrado Corazón (Lugo).

Pendentes da confirmación de máis equipos que teñen cursada a súa invitación, durante o próximo mes de febreiro seguirase pechando este evento para poder confirmar o cartel total de equipos participantes.


Apoios

O evento contará co apoio das tres institucións, Concello de Lugo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, que a través de diferentes vías apoiarán a celebración deste evento. Ademais, o torneo estará autorizado pola RFGF para a súa celebración e bo desenvolvemento.

Desde a Xunta Directiva do club queremos agradecer a empresas e institucións o seu apoio e axuda para poder celebrar este importante torneo que ano a ano segue crecendo grazas á participación dos clubs, aos cales lles damos o noso agradecemento por elixir este torneo e a cidade de Lugo como unha das opcións dentro da multitude de torneos que existen nestas datas en todo o panorama galego.