Onte mércores pechouse a tempada 2024/2025, a pesar de que esta fin de semana acudiremos a dous torneos. Como xa é tradición, desde o club organizamos a tradicional festa de fin de campaña para todos os xogadoras e xogadoras que quixeron ser parte da mesma. Así durante a tarde houbo xogos de precisión, habilidade, ´pachangas´ e a xornada festiva pechouse cos xa tradicionais partidos entre pais e nais dos alumnos da Escola e o staff técnico.
Para poñer punto e final ao día, entregáronse os premios aos gañadores dos concursos, sorteáronse agasallos entre todos os asistentes e antes de darse o último adeus ata o inicio da próxima campaña, todos gozaron dunha gran merenda, todo nun gran ambiente festivo.
Desde o club agradecemos a todas as familias que gozaron desta festa final así como por formar parte do club nesta bonita campaña 24/25 que xa remata.
Toca repoñer forzas para vernos no inicio da seguinte campaña onde o corazón deste club seguirá latexando moi forte.
FORZA SAGRADO!!!






















