Este domingo, presentación e comida da tempada 2023-2024

Con practicamente metade da tempada 23-24 xa en marcha, este domingo 14 de xaneiro é a data elixida polo noso club para realizar o acto de presentación da súa Escola de fútbol que este ano conta con máis de 140 xogadores/as repartidos en nove equipos. O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo será un ano máis o lugar escollido para a celebración da presentación.

Desde as 12:30 horas desfilarán un por un todos os equipos nun evento que contará un ano máis cun presentador de excepción como é o xornalista Terio Carrera. Antes do evento realizaranse as fotos oficiais da tempada de cada plantel e tras a presentación e discursos farase a xa tradicional foto de familia.

Comida oficial
Tras a presentación e no propio restaurante do Pazo de Feiras, teremos a comida oficial da tempada, a cal recuperamos tras a pandemia para pechar así unha bonita xornada da familia da ADC Sagrado Corazón. Haberá festa posteriomente para os xogadores/as e nenos/as asistentes con partidos, inchables e monitores de lecer, mentres que os adultos gozarán de sobremesa con música. Ademais haberá sorteo de agasallos entre todos os asistentes á comida.


IMPORTANTE:
hoxe xoves será o último día de venda de entradas para os pais, nais e nenos/as que desexen asistir á comida. Venda na oficina do club de 16:00 a 20:00 horas.