Alexia disputará con Lugo sub-14 feminino o campionato galego de seleccións

A xogadora infantil do noso club, Alexia Quintela González, foi convocada polo seleccionador lucense sub-14 feminino para disputar con Lugo a 1ª Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais e que se disputará este próximo luns 12 e martes 13 de febreiro nas localidades de Cee e Dumbría. 

Alexia Quintela atópase por tanto entre as 18 nenas convocadas para este selección sub-14 feminina de Lugo que terá como rivais a Ferrol e A Costa (luns 13:00 e 19:00 horas).

Parabéns Alexia, a gozar do campionato e sorte para as seleccións de Lugo neste campionato!.