Dende a Xunta Directiva da ADC Sagrado Corazón queremos agradecer á persoa de José Manuel Díaz Grandío, que acaba de presentar a súa renuncia a acta como Concelleiro de Deportes do Concello de Lugo, polo seu labor e dedicación como máximo responsable do deporte na nosa cidade durante os derradeiros 16 anos.
Pero este agradecemento a Grandío non é só como traballador incansable polo deporte da cidade e apoio a todos os clubs e deportistas da mesma, senón pola súa cercanía, o seu trato directo coas personas, polo seu respeto e por facer que o deporte de Lugo sexa e fora algo máis, ademáis de estar tan ben valorado a nivel galego e nacional.
A través destas liñas queremos desexar a Grandío toda a sorte do mundo no futuro que comeza agora para el e agradecerlle o trato que coa ADC Sagrado Corazón sempre tivo, así como ao seu grupo de traballo da Concellería de Deportes.
Así mesmo este club quere poñerse a disposición do novo/a concelleiro/a que releve neste posto a Grandío para continuar coa liña de traballo que se viña desenrolando nos derradeiros anos entre clubs deportivos e Concello de Lugo.
Xunta Directiva ADC Sagrado Corazón
Foto: El Progreso