O alevín A campión da Copa Consolación

jun-19-4

jun-19-3

Este fin de semana o equipo alevín A puxo un gran broche de ouro á tempada 15/16 do club xa que conseguiu na mañá de hoxe domingo alzarse co título da Copa consolación da súa categoría tras impoñerse na final por un claro 0-4 ao AD Praia de Covas. Os nosos eliminaran nas roldas previas ata chegar a esta final ao CP Casás, SD Becerreá e CD San Ciprián.

No día de hoxe os xogadores que dirixe Diego Anido realizaron un partido moi serio, dominando ao longo de todo o choque, e é que querían que o título quedase na capital. Esa concentración e bo xogo quedou reflectido na primeira metade xa que os branquiazuis chegarían mandando por 0 goles a 3 grazas aos goles de Jarno, Daniel e Carlos. No segundo acto continuou o control do partido por parte dos nosos que souberon administrar a súa renda e en ningún momento viron perigar oresultado para poder acabar tarareando o campións, campións!.

Parabéns equipo!

jun-19-2

Polvorín Cup
Este fin de semana os alevíns de primeiro ano do club disputaron unha nova edición da Polvorín Cup, neste caso a fase previa que se disputou este fin de semana, e aínda que non puideron superar a rolda de grupos, realizaron un bo torneo.

Resultados:
    Sagrado Corazón 0 – Xuventude Oroso 3
    Sagrado Corazón 2 – Centro Óptico Berciano 1
    Sagrado Corazón 0 – Obrero 2