O club aposta polo traballo de canteira coa profesionalización do corpo técnico

A ADC Sagrado Corazón prepárase de cara á nova tempada, a 2015-2016, e esta preséntase apaixonante, con novos retos e ilusións e cun cambio de rumbo por parte da entidade que fomentará e impulsará o traballo de canteira, mellorando e potenciando o traballo da súa Escola. Para iso a entidade apostará por profesionalizar toda a súa estrutura […]