Hoxe entrevistamos a…

Hoxe entrevistamos a dous xogadores do noso club, Fernando Currás e Manuel Amor, xogadores dos equipos Xuvenil e Cadete respectivamente e que ambos comparten unha curiosa historia que lendo esta pequena entrevista ides a entender.

Cantos anos levades no club e quenes foron os vosos adestradores estes anos?
    – Curras: este e o meu quinto ano no club e síntome orgulloso de formar parte desta gran familia donde me tratan estupendamente. En canto aos adestradores, empecei en infantís de primeiro ano con Álex Ferreiro como adestrador, co cal disfrutei moito ao marxe dos resultados, que non foron os mellores pero eramos un gran grupo. Ao seguinte ano, en infantís de segundo ano, adestroume Miguel Besteiro que, ao marxe de ser unha gran persoa coa que aprendín moito, era un gran adestrador ao que os resultados non era o que máis lle importaba, senón o trato entre o grupo, que era estupendo, e a intensidade e as gañas que poñíamos no campo, acadamos grandes resultados e unha progresión en toda a tempada. En cadetes de primero ano adestroume Ángel o cal estarei sempre agradecido polas cousas que aprendín con el. En cadetes de segundo ano adestroume Aarón Sánchez e Miguel Rego, personalmente dúas grandes persoas que forman un tándem sensacional ao marxe dos resultados acadados a tempada pasada, que non foron os adecuados. Ahora, en xuvenís de primeiro ano, teño a gran sorte de contar cuns compañeiros sensacionais, ao mando de Aarón e Miguel, esta tempada será difícil de olvidar polo gran grupo, a confianza plena dos adestradores e os resultados acadados, que foron sensacionais.
    – Amor: levo catro tempadas no club, dende a 2011/2012. Os meus adestradores foron Pablo López, Ángel, Mourelos, Manu e Flores, dos que gardo un gran recordo.


Que posición ocupades no campo e dende cando xogades nas mesmas?
    – Curras: ocupo a posición de porteiro. A verdade e que empecei dende moi pequeniño, dende os 3 anos ata os 11 xogando de defensa central en fútbol sete, sempre me apaixonou a posición de porteiro porque dende ben pequeniño facía de porteiro contra meu irmán no campo da aldea donde máis ben xogaba obligado baixo os paus e acaboume gustando. Cambiei de club para iniciar unha nova andadura nunha posición nova para min, non me arrepinto dese cambio.
    – Amor: comecei xogando de central, pero nos últimos tempos estou a xogar como pivote ou como único mediocentro nun 4-1-4-1 e, menos frecuentemente, en ambos laterais cando se me precisa.


Cal é o campo donde máis vos gusta xogar?
    – Curras: o campo da Sarriana dende que é artificial é un campo no que sempre me gustou xogar, de grandes dimensións e moi boas instalacions, tamén destacar o de Becerreá e o Luis López Gorgoso.
    – Amor: gústame xogar nos campos naturais, en Palas, Monterroso, Ribadeo… Se teño que quedarme con un fágoo co Pepe Barrera de Ribadeo.


Que tal os adestramentos e que é o que vos gusta máis e menos?
    – Curras: como todo xogador, supoño, o que menos gusta é o físico, pero sempre é bo e necesario facelo, e algo do que non se pode prescindir. O que máis, como calqueira porteiro, finalizacións.
    – Amor: o que máis me gusta é o ambiente, compartir os ratos libres cos compañeiros, que á vez son amigos, non ten prezo. Non destaco nada negativo.


Recentemente participastes na Copa Deputación: cal foi o papel dos vosos equipos e por que creedes que non chegastedes máis lonxe?.

    – Curras: iamos con moita ilusión nesta competición. A min personalmente sempre me chamou a atención este tipo de competicións nos que pode saír vencedor calquera, o noso papel era ir partido a partido, tiñamos uns rivais compricados en grupos aos que, a pesar dos seus malos resultados en liga, eran rivais trampa xa que en 35 minutos pode gañar calquera. Pasada a fase de grupos tiñamos uns cuartos de final compricados contra un rival moi similar a nós, contra o que saímos vencedores pola miníma pero foi un resultado xusto. Chegamos as semifinais contra un rival duro en defensa e determinante en ataque, teñen un gran grupo, perdimos pola mínima nun fallo de concentración tras dominar todo o partido, non merecimos perder. A verdade e que das persoas que viron o partido e os propios xogadores, non nos explicamos o porqué da derrota, foi un partido dos que dominas durante todo o tempo, teñen unha ocasión e cerran o partido, quedamos moi tocados.
    – Amor: na Copa Deputación chegamos a cuartos de final. Quedamos encuadrados no grupo da morte, co Viveiro de galega (1-1) e co Foz, anfitrión e aspirante ao ascenso (0-0). Volveunos a tocar en cuartos, empatamos de novo e quedamos eliminados a penaltis. Creo que fixemos un moi bo papel.


Qué vos parece este sistema de competición da Copa, cambiariades algo?
    – Curras: a verdade e que está moi ben organizado e é un torneo que crea afección a xente que lle gusta este deporte porque é un torneo bonito de ver no que ningún partido defrauda. Non cambiaría nada, moi bo traballo o da organización.
    – Amor: gústame o sistema de competición, non cambiaría nada. Da lugar ás sorpresas e iso gústame.


Practicades algún outro deporte habitualmente?
    – Curras: non, federadamente non, pero si que me gustan algúns deportes máis que o fútbol, pero ningún pode nin sequera igualalo.
    – Amor: ademais de fútbol, xogo moi frecuentemente ao fútbol sala cos amigos.


Agora a gran pregunta, o motivo de facervos esta entrevista de forma conxunta. Dende fai xa un tempo colaborades con algunha paxina web de fútbol. Con quen colaborades ,como é a experiencia e que é o que facedes exactamente
?
    – Curras: si, é certo, eu colaboro con diversos medios de comunicación dixitais e cunha radio. Colaboro con Tercer Equipo coa actualidade do Deportivo da Coruña e do Atlético de Madrid e con Galifútbol coa actualidade do Lugo e do Prone Lugo. En canto a radio, narro os partidos en “En Pista”, en Libertad FM radio, nun carrusel de Fútbol Sala. A experiencia e inolvidable, tanto se traballas dende a casa como se te desprazas a cubrir un evento en directo, eu personalmente tiven a sorte de poder cubrir esta última edición do Teresa Herrera en Riazor, todos os partidos do Prone Lugo, todos os partidos do Lugo e un partido internacional da selección Española de fútbol sala en Burela. A verdade e que é unha profesión bonita donde coñeces e fas que te coñeza a xente. Podes compartir momentos con xente que antes solo escoitabas na televisión ou na radio ou lías en periódicos de gran calibre. Cos anos que teño é algo inolvidable pero ollo, hai que seguir, esto non acaba aquí.
    – Amor: no meu caso colaboro con varias webs, entre as que destaco vavel.com e tercerequipo.com. Ademais, ambos presentamos un programa de radio.


Que é o que máis vos gusta deste “mundiño”, gustariavos nun futuro poder dedicarvos profesionalmente a elo?
    – Curras: o que mencionaba anteriormente, coñecer a xente que se dedica xa profesionalmente e que leva anos na profesión, o cal che axuda a medrar, dende pequeniño gustoume a actualidade, dar primicias, investigar, é algo que non sei se se me da ben ou non, non me califico a min mismo, pero gústame. Si que me gustaría dedicarme profesionalmente a elo.
    – Amor: o que máis me gusta é o contacto directo que implica con xogadores que ves na televisión cada fin de semana. No meu caso, tiven a oportunidade de entrevistar a varios xogadores de Primeira División e é unha experiencia incrible poder falar con eles.

may-6-2

Agora unhas preguntas cortas para coñecervos mellor

– Que estudades, onde e que tal vos vai?
    – Curras: estudo 4º da ESO no IES Ánxel Fole. Vaime ben.
    – Amor: no IES Ánxel Fole. Ben.

– Un equipo favorito?
        – Curras: moitos, son unha persoa rara, tiro polo Atlético de Madrid, Deportivo da Coruña e Lugo, pero sempre me gustaron equipos por detalles, por xogo, por xogadores, pero eses son os principais.
    – Amor: Real Madrid e Racing de Ferrol.

– Un xogador?
    – Curras: Carles Puyol é, para min, un exemplo a seguir tanto dentro coma fóra do campo. Respecto a miña posición, De Gea.
    – Amor: Manu Barreiro (Alavés).

– Un once ideal?
        – Curras: Molina, Romero, Naybet, Andrade, Manuel Pablo, Sergio, Mauro Silva, Luque, Valerón, Víctor, Walter Pandiani. Trátase do 11 do Dépor 4 – Milán 0, partido histórico e remontada épica na historia do Deportivo.
    – Amor: Adrián Laureda (ex do As Pontes), Pumar (Murcia), Sergio Ramos (Madrid), Jonathan Martín (Guijuelo), Rubén Comesaña (Alondras), Dani Rodríguez (Racing de Ferrol), Kroos (Real Madrid), Pita (Lugo), Iago Iglesias (Laracha), Manu Barreiro (Alavés) e Benzema (Madrid).

– Unha liga e o seu argumento?
        – Curras: a liga do Atlético de Madrid conseguida o ano pasado. O lema do partido a partido é algo que agora xa usan millóns de adestradores e que servirá para que todos, tanto adestradores como xogadores, crean que todo é posible. Tamén destaco a liga do Deportivo da temporada 99-00 na época do Súper Dépor.
    – Amor: a Liga BBVA, onde están os mellores xogadores, e a Premier, pola competividade e o poder adquisitivo dos clubes de clase media.

– Un adestrador e o seu argumento?
        – Curras: Miguel Besteiro, sen duda algunha ensinoume valores para a vida, non só para exercer nun campo de fútbol, é unha gran persoa e tamén un gran adestrador, sabe manexar un grupo á perfección.
    – Amor: Manuel Mourelos. Para min, o mellor adestrou que me adestrou.

– Alguha cousa que queirades engadir?
    – Curras: antes de nada agradecer esta entrevista do club e desexar a maior sorte a todas as categorías nas súas competicións e expresar o contento que estou de formar parte deste club e do seu equipo xuvenil.

 

Dende o club queremos desexarvos  moita sorte nos proxectos que levedes a cabo e ogallá algún día vos poidamos ver, escoitar ou ler nalgún medio de comunicación sendo esa a vosa profesión.