Emotiva comida do 50 Aniversario

DSC03976


Este sábado 21 de novembro o Restaurante La Palloza da capital lucense acolleu a “Comida 50 Aniversario” da ADC Sagrado Corazón, evento organizado conxuntamente entre o club e a Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón. E é que ambas as entidades uniron as súas forzas para organizar este eventocon motivo dos 50 anos de historia que a entidade lucense está a cumprir neste ano 2015.

Ademáis desta importante celebración, o xantar, que contou con preto de 60 asistentes entre ex-directivos e ex-xogadores, esta actividade tamén foi aproveitada para homenaxear, a título póstumo, a D. José María Rodríguez Lago, un dos fundadores do club no ano 1965 e que neste pasado mes de abril nos deixou tristemente. É por elo que os catro fillos e fillas de D. José María estiveron presentes no acto, presidindo a mesa xunto a membros da Asociación de Veteranos do Sagrado Corazón así como membros da actual Xunta Directiva do club, que encabezaba o Presidente, Jesús Pereira.

Tras unha agradable comida, na que por suposto se desenrolou nun gran ambiente entre anécdotas e recordos entre todos os comensais, José Luis Corujo abriu o turno de discursos para recordar á persoa de D. José María Rodríguez Lago. Posteriomente tomou a palabra Jesús Pereira quen ademáis entregou á familia unha placa conmemorativa en agradecemento á labor desempeñada por esta importante persoa para o fútbol lucense e en concreto para o Sagrado Corazón.

Posteriormente tomou a palabra Jose Luis Villa para que logo membros da Asociación de Veteranos entregaran un bonito agasallo tamén á familia de D. José María, un momento moi emotivo no que os fillos dun dos fundadores do Sagrado Corazón de fútbol descubriron baixo unha bandeira co antigo escudo do club, unha camiseta en recordo de Rodríguez Lago.

Coas palabras dunha das fillas, na que agradeceu en nome da familia a todas as persoas que fixeron posible este acto e así homenaxear ao seu pai, puxose o punto e final a unha comida na que unha gran cantidade de recordos durante un anaco deste sábado 21 de novembro fixeron emocionar a todas as persoas que se deron cita nesta comida con motivo do 50 aniversario do club.